O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), en colaboración co Concello de Outeiro de Rei, promove un curso presencial e gratuíto de prevención de riscos laborais no sector forestal de MANEXO SEGURO DA MOTOSERRA dirixido a persoas traballadoras, maiores de idade, con interese na actividade forestal.
O contido do mesmo será o seguinte:

  1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo. A Lei 31/1995, de 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e normativa relacionada. Organismos públicos con competencias na materia. O ISSGA (1 hora).
  2. A prevención de riscos laborais no manexo da motoserra (4 horas):
    1. Planificación dos traballos de aproveitamento
    2. Corta polo pé e procesamento
    3. Árbores sentadas e árbores apoiadas
  3. Os equipos de protección individual (EPI) (1 hora).
  4. A prevención de riscos laborais co tractor. Seguridade viaria no manexo de máquinas automotrices por estradas e camiños agrícolas e forestais (1 hora).
  5. Primeiros auxilios e primeira intervención en caso de accidente. PAS (1 hora).
  6. Práctica de campo. Manexo seguro da motoserra: montaxe e desmontaxe, mantemento e identificación dos dispositivos de seguridade; técnicas de apeo, derramado e tronzado (12 horas).

Esta formación realizarase no Centro Cultural de Robra (Outeiro de Rei) durante os días 23 a 27 de setembro de 2019 en horario de 16:00 a 20:00 horas. O curso terá unha duración de 20 horas lectivas e un máximo de 15 prazas (para poder realizar esta acción formativa é preciso contar cun mínimo de 10 alumnos/as).

Á hora de seleccionar ao alumnado, o ISSGA establece como criterios de prioridade ter unha vinculación laboral ou formación relacionada coa actividade forestal; non obstante, se non se cobren as prazas, poderá acceder ao mesmo calquera persoa interesada no tema.

As persoas interesadas poderán consultar información adicional e inscribirse no curso con data límite o 18 de setembro tanto na web do ISSGA (http://issga.xunta.gal) como no servizo de Emprego e Desenvolvemento Local no Concello de Outeiro de Rei, teléfono 982 393 382.

Ver cartel