O Concello de Outeiro de Rei organiza para o día 14 de xuño no Salón de Actos da Casa da Cultura, en horario de 19:00 a 21:00 h, unha charla de “INFORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOBRE O USO SEGURO E SAUDABLE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS (INTERNET, MÓBILES VIDEOXOGOS…”, impartida pola Asociación para o uso saudable das TIC (Pantallas Amigas) onde se analizarán entre outros, os seguintes contidos:
- Internet, dispositivos móbiles, apps. Retos e riscos.
- Novos perigos nas redes sociais (Whatsapp , Instagram, Youtube, TikTok, Fortnite…)
- Prevención, detección e pautas de actuación ante casos de Ciberbullying, Grooming, Sexting, Sextorsión…
- Violencia de xénero dixital…Que é todo isto? Prevención.
- Consellos para un uso seguro , claves e ferramentas para a mediación parental positiva.
Desde o Concello, en colaboración co CEIP Laverde Ruíz, considérase fundamental que os pais e nais teñan unha información adecuada sobre o uso seguro que fan os seus fillos/as das novas tecnoloxías para facer fronte aos perigos actuais tratando de educar á cidadanía no uso dixital responsable.
Esta iniciativa de sensibilización en igualdade e prevención da violencia contra as mulleres, enmárcase dentro do proxecto que está a desenvolver o Concello “EDUCANDO EN IGUALDADE EN OUTEIRO DE REI”, que inclúe tamén sesións dirixidas ao alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria ( 3º, 4º ,5º e 6º) que se realizarán dentro da xornada escolar neste mes de xuño.
Para cumprir cos aforos esixidos pola normativa sanitaria, recoméndase que as persoas interesadas comuniquen a súa asistencia no departamento de Servizos Sociais (tlf. 982 393 281) . Poden realizar esta comunicación ata o propio día de celebración da charla (14 de xuño).