A empresa Estudios Rafer SL organiza, en colaboración co Concello de Outeiro de Rei, un café-coloquio co obxectivo de presentar o programa Directivos dirixido a directivos de empresas con 10 ou máis empregados, un programa moi relacionado co presente e futuro das pymes; na xornada falarase de transformación dixital das empresas, mercado laboral e ciberseguridade.
A xornada terá lugar o día 25/09/2024, en horario de 9:00 a 10:30 h no Hotel Casas da Fortaleza de Outeiro de Rei; a participación é gratuíta ofertándose 25 prazas que serán cubertas por orde de solicitude, sendo preciso inscribirse no Concello de Outeiro de Rei, tfno. 982 393 281.