Protección de incendios forestais

Nos últimos anos producíronse graves acontecementos en Galicia debido aos incendios forestais polo que a Xunta de Galicia decidiu modificar a Lei 3/2007 de prevención de incendios forestais de Galicia co gallo de ampliar as zonas de protección ás vivendas, aos núcleos de poboación e ás áreas industriais da nosa comunidade.

O Concello de Outeiro de Rei, sabedor da necesidade dunha adecuada prevención para evitar que os incendios afecten as edificacións elaborou, no ano 2014 uns planos nos que recollendo as afeccións en materia de protección de incendios da Lei 3/2007 de prevención de incendios forestais de Galicia e na Ordenanza municipal reguladora das condicións de seguridade e salubridade dos usos forestais do solo ás parcelas situadas no interior e no entorno dos núcleos rurais, solo urbano e solo urbanizable delimitado, así como das edificación aisladas situadas fóra dos terrenos clasificados nalgunha das categorías anteriores.

Coa modificación da lei faise necesaria a actualización dos planos para recoller as novas distancias de protección así como aproveitar para actualizar a cartografía catastral.

Nestes planos grafíanse en rosa as zonas nas que é de aplicación a ordenanza municipal reguladora das condicións de seguridade e salubridade dos usos forestais do solo e que denomínanse no plano áreas de xestión tipo 1 .

Ademais grafíanse en amarelo anaranxado as zonas que denomínanse áreas de xestión tipo 2 nas que son de aplicación as medidas de protección indicadas na Lei 3/2007 de prevención de incendios forestais de Galicia.

As instrución do que se debe facer en cada unha destas áreas de xestión indícase no propio plano. Ademais grafíanse as zonas de policía de augas e as zonas incluidas dentro da Rede Natura 2000.

Nestas últimas (rede Natura 2000) o Concello de Outeiro de Rei tramitou no ano 2013 unha autorización conxunta para todos os propietarios, que establece as condicións para a corta de especies e xestión da biomasa nas zonas afectadas por dita protección. Na actualidade non é preciso solicitar autorización ao Servicio de Protección da natureza para as cortas que se efectúen en aplicación da lei de prevención de incendios forestais pero sí son de aplicación as condicións impostas no informe da Consellería de Medio Ambiente.

Respecto das parcelas incluidas na zona de policía de augas, ainda que o Concello de Outeiro de Rei fixo a mesma solicitude conxunta no ano 2013 que a realizada para a Rede Natura 2000, todavía non obtivo resposta, polo que en tanto non exista dita autorización conxunta, os propietarios deberán facer a solicitude pola súa conta na Confederación Hidrográfica Miño Sil antes de proceder á corta. En canto o Concello reciba a publicará neste mesmo medio para que poda estar á disposición de todos os propietarios afectados.

Para a corta é necesario realizar comunicación previa consonte o anexo IV do DECRETO 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal, que se presentará polo menos cun día de anticipación ao da súa realización, dirixida á xefatura territorial da consellería competente en materia de montes onde se sitúe o terreo obxecto da corta.

Documentos relacionados que se poden descargar:

  • Plano de cada parroquia coa delimitación das zonas de protección (faixas secundarias de xestión da biomasa)
  • Ordenanza municipal reguladora das condicións de seguridade e salubridade dos usos forestais do solo.
  • Informe do Servizo de Conservación da Natureza cas condicións para a realización das cortas e xestión da biomasa nas zona de Rede Natura.
  • Modelo de Comunicación Previa á Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural.

DOCUMENTOS:

1.- RESUMEN EXPLICATIVO

2.- SOLICITUD AUTORIZACION CORTA

PLANOS:

01- SAN CLODIO

02- SAN LOURENZO

03- ARCOS

04- ASPAI

05- BONXE

06- CABOI

07- CANDAI

08- CASTELO

09- CELA

10- STA MARIÑA

12- FOLGUEIRA

13- FRANCOS

14- GAIOSO

15- STO TOME

16- GUILLAR

17- MARTUL

18- MATELA

19- MOSTEIRO

20- OUTEIRO DE REI

21- PARADA

22- PAZ

23- ROBRA

24- SILVARREI

25- SOBRADA

26- TABOI

27- VICINTE

28- VILELA