O Concello de Mondoñedo xunto cos Concellos de Outeiro de Rei, Friol, Rábade, Begonte, Castro de Rei, Cospeito e Abadín arranca un programa integrado de emprego que durará ata o 21 de novembro de 2022.

Este programa está subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e ten por obxecto a mellora da ocupabilidade e facilitar o acceso ao mercado laboral dos 100 participantes en situación de desemprego dentro dos seguintes colectivos: persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, mulleres vítimas de violencia de xénero, menores de 30 anos con baixa cualificación e cualificados e maiores de 45 anos. A tal fin levaranse a cabo accións de información, orientación, asesoramento, formación, prospección de empresas e intermediación laboral.

Este programa promovido polo Concello de Mondoñedo conta cun financiamento da Consellería de Emprego e Igualdade de 250.000 euros e cun cofinanciamento de 32.198,89 euros dos propios concellos integrantes no programa.