Programa de ocio verán 2025
OUTRAS ACTIVIDADES CULTURAIS E FESTAS
XXV FESTA DOS NENOS (inchables e festa da escuma) | ||
| Data celebración: | VENRES, 6 DE XUÑO | |
| Horario: | A PARTIR DAS 16:30 h | |
| Lugar: | PRAZA DO CONCELLO (se fai mal tempo esta celebración trasladárase ao pavillón municipal de deportes) | |
ANDAINA SOLIDARIA CONTRA O CANCRO | ||
| Data celebración: | DOMINGO, 22 DE XUÑO | |
| Horario: | 10:30 h, ACTUACIÓN DA BANDA INFANTIL DE MÚSICA DA ESCOLA DE MÚSICA | |
| 11:30 h, SAÍDA DA ANDAINA | ||
| Lugar: | PRAZA DO CONCELLO (se fai mal tempo a saída será do pavillón municipal) | |
| Cota: | GRATUÍTA (Haberá food truck, cortador de xamón (porco celta) e filloeiras de Muimenta na Praza do Concello) | |
XXXI FESTA DOS XUBILADOS | ||
| Data celebración: | VENRES, 4 DE XULLO | |
| Horario: | MISA SOLEMNE ÁS 13:30 h | |
| Lugar: | ÁREA RECREATIVA DE SANTA ISABEL | |
XVII FEIRA DA ARTESANÍA | ||
| Data celebración: | SÁBADO, 5 DE XULLO | |
| Horario: | A PARTIR DAS 12:00 h | |
| Lugar: | PRAZA DO CONCELLO, RÚAS DO CENTRO E ÁREA RECREATIVA DE SANTA ISABEL | |
A TER EN CONTA:
As prazas cubriranse sempre por rigorosa orde de solicitude, tendo preferencia as persoas do municipio con respecto ás de fóra.
As cotas aboaranse dentro do prazo de inscrición; as persoas non empadroadas en Outeiro de Rei aboarán as seguintes cotas a maiores da establecida: cursos de 2 meses, 10 €, cursos de 3 a 4 meses, 20 € e de 5 meses en diante, 30 €. Non se reintegrará o importe das cotas salvo que a actividade se suspenda a iniciativa do Concello.
A celebración da totalidade das actividades previstas ou a posible modificación das mesmas queda supeditada á demanda que exista (que non poderá ser inferior ao 50% das prazas ofertadas na actividade) ou a imprevistos que poidan xurdir.
Podes obter máis información chamando ao 982 39 34 08 ou na páxina web municipal outeiroderei.gal

