Programa de ocio 2025

ACTIVIDADES de PROMOCIÓN da MULLER

A TER EN CONTA:

  • Nas actividades marcadas cun asterisco (*), o prazo de inscrición estará aberto do 7 ao 21 de febreiro ou ata cubrir a oferta de prazas. As prazas cubriranse sempre por rigorosa orde de solicitude, tendo preferencia as persoas empadroadas neste municipio con respecto ás de fóra.
  • A cota a pagar deberá facerse efectiva dentro do prazo de inscrición; as persoas non empadroadas en Outeiro de Rei terán que aboar as seguintes cotas a maiores da establecida: cursos de ata 2 meses, 10 € e cursos de 3 a 4 meses, 20 €. Non se reintegrará o importe das cotas salvo que a actividade se suspenda a iniciativa do Concello.
  • As actividades previstas para mulleres nas que non se cubran as prazas ofertadas poderán ser cubertas por homes. Tres faltas de asistencia inxustificadas en actividades con lista de espera, dará lugar a causar baixa na actividade.
  • A celebración da totalidade das actividades previstas ou a posible modificación das mesmas, queda supeditada á demanda que exista ou imprevistos que poidan xurdir. Dita demanda non poderá ser inferior ao 50% das prazas ofertadas na actividade, exceptuando as impartidas pola Escola Galega de Saúde, nas que o número mínimo de inscricións será de 10.
  • Podes deixar a túa opinión sobre esta programación, outras posibles actividades ou calquera suxestión en materia de igualdade no CORREO DA IGUALDADE que atoparás na web municipal.

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 21/02/2025 NAS ACTIVIDADES MARCADAS CUN ASTERISCO  (*)

FÓRA DESTA PERÍODO CONSULTAR DISPOÑIBILIDADE DE PRAZAS

DE FEIRA Á FEIRA DO COCIDO DE LALÍN*

Data:23/02/2025
Horario:DOMINGO, DE 10:00 h A 20:00 h
Nº prazas:53
Lugar:PRAZA DO CONCELLO
Cota:BUS GRATUÍTO

TAICHÍ*

Data:DO 05/03/2025 AO 28/05/2025
Horario:LUNS E MÉRCORES, DE 19:00 h A 20:00 h
Nº prazas:15
Lugar:XIMNASIO DO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES
Cota:25 €

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Obradoiro COIDADO DAS PERSOAS COIDADORAS*

Data:07/03/2025
Horario:VENRES, DE 16:30 h A 18:30 h
Lugar:SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA
Concello de Outeiro de Rei / Escola Galega de Saúde

Presentación do vídeo COIDADORAS_CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

Data:08/03/2025
Horario:SÁBADO, ÁS 17:00 h
Lugar:SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA

OBRADOIRO DE SOLO PÉLVICO*

Data:14/03/2025
Horario:VENRES, DE 16:30 h A 19:00 h
Lugar:SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA
Concello de Outeiro de Rei / Escola Galega de Saúde

OBRADOIRO DE TEATRO*

Data:DO 07/04/2025 AO 04/07/2025
Horario:LUNS ALTERNOS, DE 19:00 h A 22:00 h
Nº prazas:15
Lugar:CENTRO CULTURAL DE ROBRA
Cota:25 €
Representación de traballos na feira de artesanía (05/07/2025)

ALIMENTACIÓN SAUDABLE*

Data:DO 15/04/2025 AO 17/06/2025
Horario:MARTES, DE 16:30 h A 18:30 h
Nº prazas:15
Lugar:ANTIGA CASA REITORAL DE OUTEIRO DE REI
Cota:25 €

RECICLAXE E RESTAURACIÓN DE MOBLES*

Data:DO 24/04/2025 AO 03/07/2025
Horario:XOVES, DE 16:30 h A 19:30 h
Nº prazas:15
Lugar:ESPAZO DE AUTORREPARACIÓN E INTERCAMBIO DE OBXECTOS (MATELA)
Cota:25 €

CESTERÍA CREATIVA CON FIBRAS VEXETAIS

Data:DO 09/09/2025 AO 07/10/2025
Horario:MARTES, DE 16:00 h A 19:30 h
Nº prazas:12
Lugar:ESCOLA DE MATELA
Cota:25 €

REPOSTERÍA

Data:DO 27/09/2025 AO 15/11/2025
Horario:SÁBADOS, DE 16:30 h A 19:30 h
Nº prazas:15
Lugar:ANTIGA CASA REITORAL DE OUTEIRO DE REI
Cota:25 €

TALLER DE EDUCACIÓN FINANCIEIRA

Data:DO 03/10/2025 AO 14/11/2025
Horario:VENRES, DE 16:30 h A 19:00 h
Nº prazas:15
Lugar:ANTIGA CASA REITORAL DE OUTEIRO DE REI
Cota:25 €

25 NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Andaina popular CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Data:23/11/2025
Horario:DOMINGO, ÁS 11:00 h

Obradoiro MANEXO DO ESTRÉS E DA ANSIEDADE

Data:25/11/2025, DE 16:30 h A 18:30 h
Lugar:SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA
Concello de Outeiro de Rei / Escola Galega de Saúde