O servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte,
Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un ano mais un Programa de Deshabituación Tabáquica para aquelas persoas que están interesadas en deixar de fumar.
Durante o proceso de deshabituación tabáquica ofrécese apoio terapéutico ao longo de 7 sesións grupais continuadas, unha á semana, para lograr o obxectivo de deixar atrás o tabaco. As sesións serán impartidas a través de persoal da sede de Lugo da Asociación Española Contra o Cancro.
CONDICIÓNS PARA A INSCRICIÓN
1 – Residir nalgún dos concellos da agrupación Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade.
2 – Ter interese en deixar de fumar.
PREINSCRICIÓN (Ata o 4 de marzo 2022 )
- Enviando datos persoais e de contacto ao mail: prevenciondrogas@rabade.org
NOTA
- O lugar, horario e número de grupos fixarase en función das inscricións recibidas en cada concello da agrupación.
- O programa está previsto para realizar nos meses de marzo e abril de 2022 ( 7 sesións).
+ INFO
Servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de rei e Rábade.
MAIL: prevenciondrogas@rabade.org
TELÉFONO: 982390062 ( Maria Barreiro)