PROGRAMA COIDADOS PORTA A PORTA

Dende o concello informámosvos que a Xunta de Galicia ven de poñer en marcha o Programa Coidados Porta a Porta,  levando servizos de  podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria ás persoas maiores de 55 anos do Concello de Outeiro de Rei  os días  17-20-21-22 de xuño,  de 9:00 a 20:00 horas, a través dunha unidade móbil que se situará  na C/Nacional  VI, ao carón  do PAC e do Restaurante Soborvila.

É necesario  pedir cita previa nos seguintes teléfonos:  622 748 283 – 623 546 992 ou no correo: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.