O martes tivo lugar no Concello de Outeiro de Rei a presentación da feira gastronómica Sabores da nosa terra, incluida dentro da iniciativa FEIRAS GASTRONÓMICAS, de produto de proximidade, dos CONCELLOS DE OUTEIRO DE REI E COSPEITO; na presentación estiveron presentes os alcaldes dos respectivos concellos, José Pardo e Armando Castosa, acompañados do delegado territorial, Javier Arias, e doutras autoridades e produtores de Outeiro de Rei que participarán na mesma.
O sábado 25, en horario de 11,00 h a 19,00 h, a praza do Concello de Outeiro de Rei albergará a feira Sabores da nosa terra, que exhibirá o potencial culinario das carnes de Porco Celta, Tenreira Galega, polos campeiros, ovella galega ou Galiña de Mos.
Esta cita estará precedida de A Feira Brava: sabores do monte, que terá lugar en Cospeito o domingo 19 de outubro, na que se mostrarán as posibilidades gastronómicas da perdiz, o faisán, o corzo ou o xabarín. Tamén terán protagonismo produtos de tempada como os cogomelos e as castañas; xunto con mel ou marmeladas.
Nas dúas citas haberá postos de venda, degustacións, elaboración de pratos en directo, se impartirán charlas sobre cociña de aproveitamento a base de alimentos de proximidade…
Estas feiras, organizadas polos concellos de Outeiro de Rei e Cospeito coa colaboración da Xunta de Galicia, buscan poñer en valor a calidade dos produtos locais e fomentar o consumo de proximidade, apoiando así ao sector primario e á economía rural da comarca.

