O Servizo de Prevención de Condutas Adictivas da agrupación de concellos de Outeiro de Rei, Rábade, Begonte, Castro de Rei e Friol en colaboración coa ANPA do CEIP Laverde Ruíz, convocan a actividade formativa “Promoción da saúde e prevención de riscos. Primeiros auxilios pediatricos”, dirixida especificamente ao persoal coidador que presta voluntariamente o servizo de comedor do centro educativo.
Procurando dar resposta ás demandas formativas dirixidas ao Concello, a actividade terá lugar o vindeiro luns 5 de outubro de 16:00 a 20:00 h. no CEIP Laverde Ruíz e será impartida pola docente Montserrat Vázquez Diplomada en Enfermería.
Novas PREVENCIÓN E PRIMEIROS AUXILIOS EN CENTROS ESCOLARES