Presentación da XIV EDICIÓN DA FEIRA DE ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI

Hoxe tivo lugar no Concello de Outeiro de Rei a presentación aos medios de comunicación da XIV FEIRA DA ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI, presentación realizada polo alcalde, José Pardo Lombao e a técnica de Emprego e Desenvolvemento da entidade.

Os datos dados a coñecer  son os seguintes:

  • TERÁ LUGAR O SÁBADO 02/07/2022, OS POSTOS ESTARÁN ABERTOS DURANTE TODA A XORNADA ATA AS 21:00 h.
  • ESTÁ PREVISTA A PARTICIPACIÓN DE PRETO DE 100 NA ACTUALIDADE TEÑEN CONFIRMADA ASISTENCIA 65 POSTOS DE ARTESANÍA E 17 DE ALIMENTACIÓN.

NA SECCIÓN DE ARTESANÍA   PORANSE Á VENDA PRODUTOS DE CERÁMICA, CESTERÍA, ARTESANÍA DA MADEIRA,GANCHO E CALCETA, XOIARÍA, COIRO, INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL,  TRAXES REXIONAIS, FERRO, ARTESANÍA TÉXTIL E COMPLEMENTOS DE MODA, DECORACIÓN, XOGOS DE ENXEÑO, COSMÉTICA NATURAL E XABÓNS NATURAIS, BIXUTERÍA, ESMALTES, CANTARÍA, MACRAMÉ, BOLILLOS, MANUALIDADES, ANTIGÜIDADES, ETC. PARALELAMENTE, NA SECCIÓN DE ALIMENTACIÓN OFERTARANSE MEL, PRODUTOS DE PANADERÍA ENTRE OS QUE SE ATOPA A FARIÑA DE CASTAÑA,  EMBUTIDOS,   QUEIXOS,CHOCOLATES, DOCES,  VIÑOS E LICORES,…

DENTRO DA SECCIÓN DE ALIMENTACIÓN PARTICIPAN DÚAS EMPRESAS QUE ESTÁN A DESENVOLVER A SÚA ACTIVIDADE NO VIVEIRO INDUSTRIAL DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI.

  • O PROGRAMA DA FEIRA INICIASE COA I ANDAINA SOLIDARIA DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN SOMOS UNIDOS POR EL CÁNCER, ASOCIACIÓN PRESIDIDA POR JOSÉ MANUEL VÁZQUEZ, E NA QUE COLABORA O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI. ESTÁ PREVISTA A SAÍDA DA PRAZA DO CONCELLO ÁS 10:30 h; O TRAZADO DA CARREIRA TERÁ UN PERCORRIDO DE 4,5 KM. CUNHA DIFICULTADE BAIXA. A RECADACIÓN IRÁ DESTINADA INTEGRAMENTE Á ASOCIACIÓN SOMOS PARA OS SEUS FINS SOCIAIS. AS PERSOAS INTERESADAS EN PARTICIPAR PODERÁN REALIZAR AS SÚAS INSCRICIÓNS A TRAVÉS DA PLATAFORMA BIZUM, TEÑEN UN CUSTE DE 3 € E HABERÁ QUE DEIXAR CONSTANCIA DO INGRESO NO TFNO. 636 511 928 ACHEGANDO NOME E APELIDOS, XUSTIFICANTE DO INGRESO XUNTO AO CONCEPTO: CARREIRA OUTEIRO.
  • AO LONGO DA XORNADA HABERÁ DEMOSTRACIÓNS EN VIVO DE OFICIOS TRADICIONAIS: AS OLARÍAS DE TRADICIÓN DE SOBER E BUÑO  ESTARÁN PRESENTES NESTA DÉCIMO CUARTA EDICIÓN DA FEIRA E  VARIOS ARTESÁNS MÁIS REPRESENTANDO DIFERENTES OFICIOS (CESTERÍA, FERREIRÍA,  TALLADO EN MADEIRA, …). TAMÉN HABERÁ UNHA REPRESENTACIÓN DA ASOCIACIÓN BOLBORETAS FIANDEIRAS QUE REALIZARÁN FIADO  DE LA  E MEMBROS DA ASOCIACIÓN CORAZÓNS ARTESÁNS CON EXHIBICIÓN DE MACRAMÉ, BOLILLOS…MOITOS POSTOS DA FEIRA CONTRIBUIRÁN TAMÉN Á VISTOSIDADE DA MESMA FACENDO DEMOSTRACIÓN DALGÚN DOS TRABALLOS QUE REALIZAN A COTIO NA ELABORACIÓN DAS PEZAS QUE DESPOIS VENDEN NESTES MERCADOS.
  • PARALELAMENTE, A PARTIR DAS 12:00 h, ESTÁN PREVISTOS VARIOS OBRADOIROS  DIRIXIDOS A NEN@S E RAPACES/ZAS PERO SEN ESQUECER ÁS PERSOAS MAIORES:
  • MODELADO DE BARRO, e OBRADOIRO DE MAQUILLAXE  nas rúas MANUEL MARÍA e rúa D.
  • O CAMPO DE SANTA ISABEL SERÁ O ESPAZO QUE ACOLLA OS SEGUINTES OBRADOIROS:
  • DE SÍMBOLOS CELTAS realizados sobre diferentes superficies
  • DE PULSEIRAS
  • XIMKANA DE XOGOS COOPERATIVOS
  • OBRADOIRO DE XOGO TRADICIONAL (socatira, pita cega, carreira popular de sacos, a mazá, mazurcas…)

ESTAS ACTIVIDADES ESTÁN NA SÚA MAIOR PARTE DIRIXIDAS A UN PÚBLICO INFANTIL CON IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 5 E OS  12 ANOS.

  • A PARTIR DAS 12:00 h NO CAMPO DE SANTA ISABEL, NAS INMEDIACIÓNS DO CIRCUÍTO DEPORTIVO, ESTÁ PREVISTO O INICIO DO II CAMPIONATO DE ESCULTORES CON MOTOSERRA DE OUTEIRO DE REI. AS PERSOAS PARTICIPANTES NA PROBA TRABALLARÁN  SOBRE TRONCOS  DE MADEIRA QUE SE CONVERTERÁN BEN SEGURO EN FERMOSAS ESCULTURAS  CUN NEXO COMÚN XA QUE A TEMÁTICA DAS OBRAS DEBERÁ ESTAR RELACIONADA CON ALGÚN OFICIO ARTESANAL. AS PERSOAS QUE DESEXEN PARTICIPAR PODERÁN INSCRIBIRSE DO  17 AO 23 DE XUÑO, AS SOLICITUDES SERÁN ATENDIDAS POR ORDE DE ENTRADA NO REXISTRO, ADMITÍNDOSE UN MÁXIMO DE 7 PARTICIPANTES. O  RESULTADO DA COMPETICIÓN RESOLVERASE ÁS 18:45 h NO LUGAR DA PROBA. PÓDENSE CONSULTAR AS BASES DESTE CAMPIONATO  NA SEDE ELECTRÓNICA MUNICIPAL OU AO PINCHAR NO BANNER DA FEIRA EXISTENTE NA WEB MUNICIPAL.
  • PARA ESE DÍA ESTÁN PREVISTAS TAMÉN VARIAS ACTUACIÓNS. ASÍ ÁS 12:00 h O GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL OS XÍLGAROS DE LUGO ESTARÁN NA INAUGURACIÓN DA FEIRA E ANIMANDO AS RÚAS DA MESMA NO TRADICIONAL PASACALLE; ÁS 13:00 h ACTUARÁ DIANTE DA CASA CONSISTORIAL A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA SONS E SOÑOS DOS CONCELLOS DE BEGONTE, OUTEIRO DE REI E RÁBADE; ÁS 17:45 h HABERA MÚSICA TRADICIONAL E EXHIBICIÓN DE BAILE REXIONAL NA PRAZA DA VILA A CARGO DO GRUPO VOLTA DO AGRO QUE TAMÉN ANIMARÁ COA SÚA MÚSICA AS RÚAS DO CENTRO E A RÚA MANUEL MARÍA.
  • IGUALMENTE, A PARTIR DAS 13:00 h, NO CAMPO DE SANTA ISABEL TERÁ LUGAR A TRADICIONAL CONCENTRACIÓN DE COCHES CLÁSICOS.
  • NESTA MESMA ZONA, Á ENTRADA DO CAMPO DE SANTA ISABEL, INSTALARASE POR TERCEIRA VEZ UN PUNTO DE ADOPCIÓN CANINA A CARGO DA EMPRESA OUTEIRESA GARATUXA QUE ESTÁ OCUPÁNDOSE A TRAVÉS DUN CONVENIO DOS CANS QUE RECOLLE O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI NO SEU TERMO MUNICIPAL. AS ADOPCIÓNS QUE SE REALICEN NON TERÁN NINGÚN CUSTE PARA A PERSOA QUE ADOPTE QUE RECIBIRÁ ADEMAIS ALGÚN AGASALLO DESTINADO Á ALIMENTACIÓN E COIDADO DO CAN ADOPTADO.
  • COMO NAS PASADAS EDICIÓNS, HABERÁ POSIBILIDADE  DE XANTAR A PARTIR DAS 13:30 h  NA FERMOSA CARBALLEIRA DO CAMPO DE SANTA ISABEL BEN BAIXO CARPA, ONDE A COMIDA SERÁ SERVIDA POLO RESTAURANTE GONZÁLEZ OU NO PROPIO CAMPO NAS TRADICIONAIS MERENDAS.
  • POR SEGUNDO ANO A FEIRA OFRECERÁ A POSIBILIDADE DE REALIZAR PASEOS EN KAIAK POLO RÍO MIÑO, EN HORARIO DE 16:30 h A 19:00 h E  DE FORMA GRATUÍTA.  ESTA ACTIVIDADE ESTARÁ  GUIADA POLO CLUB DE PIRAGÜISMO CIDADE DE LUGO E PARA PARTICIPAR NELA É PRECISO TER 7 OU MÁIS ANOS E SABER NADAR.
  • ÁS 17:30 h SAIRÁ UN BUS TURÍSTICO DAS PROXIMIDADES DA CASA CONSISTORIAL QUE VISITARÁ O CAMPO DA FEIRA E AS PENAS DE RODAS EN GAIOSO, A IGREXA DE ROBRA E O SALTO DO PIAGO. O PERCORRIDO FINALIZARÁ COA VISITA Á CASA-MUSEO MANUEL-MARÍA.

AS PRAZAS SON LIMITADAS  POLO QUE PARA PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE GRATUÍTA É NECESARIO INSCRIBIRSE PREVIAMENTE NA MESMA O DÍA DA FEIRA NA CASETA DO CONCELLO INSTALADA NAS INMEDIACIÓNS DA CASA CONSISTORIAL.

  • ÁS 18:00 h, NAS INMEDIACIÓNS DA CAPELA DE SANTA ISABEL TERÁ LUGAR UNHA EXHIBICIÓN E ACTIVIDADE PARTICIPATIVA DE TIRO CON ARCO A CARGO DA ESCOLA LUCENSE DE TIRO CON ARCO REPRESENTADA POR ALFONSO FERNÁNDEZ, ADESTRADOR NACIONAL E PRESIDENTE DA ENTIDADE.
  • ÁS 18:30 h NA PRAZA DA VILA HABERÁ UN ESPECTÁCULO FAMILIAR DE MAXIA A CARGO DO MAGO OUTEIRÉS MANUEL LAMAS, TERÁ UNHA DURACIÓN APROXIMADA DE 60 MINUTOS.
  • AO IGUAL QUE NAS PASADAS EDICIÓNS, REALIZARASE UN SORTEO DE PREMIOS DE 50 € CADA UN DELES, UN TOTAL DE 20 PREMIOS.

CADA ESTABLECEMENTO ADMITIDO POLA ORGANIZACIÓN DA FEIRA TERÁ 40 RIFAS QUE REPARTIRÁ ENTRE OS SEUS CLIENTES.

ESTE SORTEO É UNHA INICIATIVA MÁIS, DENTRO DO PROGRAMA DE EVENTOS QUE CONTEMPLA A CELEBRACIÓN DESTA FEIRA, CO QUE SE PRETENDE ANIMAR Á XENTE A QUE VEÑA A COÑECER ESTE EVENTO PREMIANDO A REALIZACIÓN DE COMPRAS EN CALQUERA POSTO.

O SORTEO TERÁ LUGAR ÁS 21:30 h   NA CASETA DO CONCELLO SITUADA NAS PROXIMIDADES DA CASA CONSISTORIAL.

  • AO LONGO DA XORNADA, E ATA ESGOTAR EXISTENCIAS, REPARTIRANSE SEN CUSTO ECONÓMICO NA CASETA DO CONCELLO CADERNOS CONMEMORATIVOS DA FEIRA QUE SE PODERÁN PERSONALIZAR CO NOME DA PERSOA QUE SE DESEXE NA CASETA DA EMPRESA LASER LUCUS SITUADA NA RÚA D. PARA OBTELAS SERÁ REQUISITO RESPONDER CORRECTAMENTE Á UNHA PREGUNTA SOBRE OUTEIRO DE REI QUE O PERSOAL DO CONCELLO REALIZARÁ Á PERSOA INTERESADA.

CON ESTA FEIRA DE ARTESANÍA  PRETENDESE IMPULSAR E DAR A COÑECER O TRABALLO DO SECTOR ARTESANAL PERMITINDO PARALELAMENTE PROMOCIONAR A ARTESANÍA LOCAL E A DINAMIZACIÓN ECONÓMICA E TURÍSTICA DO MUNICIPIO.

DENDE ESTAS LIÑAS, O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ANIMA AO PÚBLICO EN XERAL A VIR A UNHA FEIRA ONDE  PODERÁN ATOPAR GRAN VARIEDADE DE PRODUTOS, PRODUTOS EXCLUSIVOS E QUE NON SE PODEN MERCAR NORMALMENTE  NOS COMERCIOS HABITUAIS ADEMAIS DE PODER GOZAR DUN DÍA ESPECIAL NUNHA FEIRA CHEA DE POSIBILIDADES, ACOLLEDORA E  REPLETA DE SENSACIÓNS…

O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI DIFUNDE ESTE EVENTO  A TRAVÉS DAS REDES SOCIAIS  

FACEBOOK(@outeirorei) E EN INSTAGRAM @outeirorei, co HT en ambas  #feiraouteiro2022 .