O Concello de Outeiro de Rei ten aberto o prazo de inscrición no Curso Básico de Manexo do Móbil incluído na programación para persoas maiores do municipio.

Este curso se prevé realizar en catro parroquias do municipio e terá unha duración total de 5h repartidas en dúas sesións. A localización e datas previstas de impartición son as seguintes:

– Robra, 16 e 17 de setembro de 16:00 a 18:30 horas

– Outeiro de Rei, 23 e 24 de 16:00 a 18:30 horas

– Cela, 30 de setembro e 1 de outubro, de 16:00 a 18:30 horas

– Matela, 7 e 8 de outubro de 16:00 a 18:30 horas

O curso permitirá ás persoas asistentes coñecer as posibilidades que ofrecen os móbiles e o uso seguro dos mesmos.

Entre outros temas aprenderase a enviar e notificar localizacións, almacenar contrasinais, descargar o certificado dixital, solicitar citas médicas, buscar e instalar aplicacións de aprendizaxe e entretemento, adquirir nocións básicas de mantemento de móbiles…

A inscrición é gratuíta e pódese realizar na Casa da Cultura de Outeiro de Rei en horario de 10:00 h a 14:30 h.