Aínda quedan prazas dispoñibles no curso de EMPRENDEMENTO NO RURAL que organiza o GDR da Comarca de Lugo, en colaboración co Concello de Outeiro de Rei.

EMPRENDEMENTO NO RURAL

Lugar: Centro Sociocultural de Outeiro de Rei

Horario: De 10:00 h a 14:00 h (20 horas)

Programa:

  1. Emprendemento no medio rural: da idea á realidade
  2. Desenvolvemento do teu plan de negocio. Modelo negocio e proposta de valor
  3. Comunicación e marca no medio rural. Marketing.
  4. Viabilidade económica financeira.
  5. Taller práctico e visita a un proxecto emprendedor no rural

 As persoas interesadas poden recibir máis información ou realizar a inscrición no tfno. 630 770 112.