O Concello de Outeiro de Rei informa que aínda quedan prazas dispoñibles en varias actividades que está previsto se inicien proximamente.
Concretamente, dentro do Programa de actividades de Promoción da Muller, hai prazas dispoñibles nos cursos:
- Tecendo con fibras vexetais (bandexas, manteis individuais e cestas)
- Taichi
- Produtos de limpeza ecolóxicos
Paralelamente, dentro do Programa de actividades para Persoas Maiores, hai prazas nos cursos:
- Ximnasia para maiores
- Taller de autocoidado e risoterapia
Neste momento tamén queda unha praza dispoñible no Obradoiro de plantas aromáticas e medicinais que terá lugar os días 18 e 19 de setembro en horario de 16:30 h a 20:00 h.
Pódese obter máis información ou realizar a inscrición na Casa da Cultura de Outeiro de Rei, no teléfono 982 393 408.