O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR-04) convoca a empresarios, promotores e persoas interesadas a asistir a unha xornada de portas abertas encamiñada á recabar aportacións para a elaboración da nova estratexia Leader de desenvolvemento sostible 2023-2027.
O GRD-4 actúa na Comarca de Lugo formada polos Concellos de Friol, Rábade, Outeiro de Rei, Castroverde, Guntín, O Corgo e a zona rural do Concello de Lugo, e está xestionando actualmente os fondos LEADER no noso territorio, xunto coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), dependente da Xunta de Galicia.