Ao abeiro da Orde do 5 de maio de 2020, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, ao Concello de Outeiro de Rei se lle concedeu unha axuda de 6.000 € para a asistencia técnica na elaboración dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES).
O Plan de Acción para o Clima e a Enerxía elaborado polo Concello de Outeiro de Rei busca orientar a actividade do Concello no exercicio das súas competencias propias cara a políticas tendentes á diminución das emisións de gases de efecto invernadoiro e o establecemento da acción para a mitigación dos impactos do cambio climático.
Novas PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE DO CONCELLO...