Como medida preventiva destinada a evitar a expansión do coronavirus, queda pechada a atención presencial ao público en todos os servizos municipais do Concello de Outeiro de Rei.
Na Casa Consistorial, as oficinas municipais permanecerán abertas para casos de urxencia.
En todos os casos se mantén a atención telefónica en horario de oficina.
Estas medidas manteranse ata novo aviso.
#EuQuedoNaCasa
Lembrase a todas as persoas interesadas, que os prazos administrativos dos procedementos en curso quedan interrompidos ata que cese a vixencia do RD 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE 14/03/2020).