A Asociación para o Desenvolvemento da Produción Ecolóxica de Galicia (deproEco) levará a cabo unha xornada para coñecer a situación da gandería ecolóxica como alternativa, xornada dirixida tanto a produtores en convencional ou en ecolóxico como a aquelas persoas que queiran empezar a producir.
A cita será o 31/10/2022 no Viveiro Industrial do Concello de Outeiro de Rei (Parque empresarial de Outeiro de Rei, Rúa do Acivro,2) en horario de 10:00 a 13:00 h.
As persoas interesadas poden realizar a súa inscrición no tfno.: 698 956 453 ou no enderezo electrónico asociacion.dpe@gmail.com.