Con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO o próximo día 25 de novembro, o Concello de Outeiro de Rei convoca a todas as persoas interesadas a asistir á charla PREVENCIÓN, DETECCIÓN E PAUTAS DE ACTUACIÓN EN CASOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO.
Esta charla será impartida pola sarxento da Garda Civil ANA ISABEL CALEYA ORTIZ e o axente da Garda Civil RAMÓN PEÑA PÉREZ; a cita será na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ás 17:00 h.
Con esta charla, preténdese entre outros obxectivos, sensibilizar nesta materia para evitar situacións de violencia de xénero; tamén, identificar posibles condutas de violencia de xénero e dar pautas de actuación destinadas tanto a mulleres que poidan vivir esa situación como tamén á poboación que sexa coñecedora dalgunha situación de violencia.
As persoas que asistan recibirán un pequeno agasallo consistente nunha bolsa reutilizable realizada dentro da campaña que leva a cabo o Concello de Outeiro de Rei con motivo desta data.
TELÉFONOS DE INTERESE EN MATERIA DE VIOLENCIA DE XÉNERO
Teléfono da muller de Galicia 900 400 273
Atención a vítimas de malos tratos 016
Teléfono de urxencias 112
Xulgado de Violencia de Xénero (Lugo) 982 294 735
Traballadora social do Concello de Outeiro de Rei 982 393 281