A Xunta de Galicia publicou unha modificación normativa da Orde de 23/03/2020 que afecta ao desprazamento de agricultores que teñan cultivos ou viñedos de autoconsumo que poderán realizar os desprazamentos coa debida acreditación ( levando consigo unha declaración responsable identificando as parcelas, carné de aplicador de fitosanitarios…) para o mantemento dos mesmos dentro do termo municipal onde teñan o domicilio ou noutro adxacente desaparecendo a limitación de non haber unha distancia superior a 5 km dende a residencia habitual, requisito de proximidade que poderá exceptuarse atendendo á situación socioeconómica do interesado cando sexa imprescindible para a súa subsistencia; igualmente, establecese que os traballos se realizarán de forma individual, salvo que se acompañe a persoas con discapacidade, menores, maiores ou por outra causa xustificada, polo tempo indispensable e respectando as distancias e demais protocolos de seguridade. No caso de ser necesario polo tipo de traballos ou calquera outra causa xustificada contar con dúas persoas, terá que ser polo tempo mínimo e imprescindible.
Covid19 ORDE do 4 de maio de 2020 pola que se modifica a...
ORDE do 4 de maio de 2020 pola que se modifica a Orde do 23 de marzo de 2020 pola que adoptan medidas de carácter obrigatorio en relación co COVID-19, en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 18 de marzo, sobre a venda directa de produtos agrogandeiros nos mercados, a venda de produtos vexetais para a plantación en hortas de consumidores finais e o desprazamento de agricultores e viticultores para os efectos da realización de actividades agrarias.
Consellería do Medio Rural.