Primeiro. Modificación da Orde do 22 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia nas que se modifican varios puntos que afectan os aforos e horarios.

Segundo. Modificación da Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia nas que se modifican varios puntos que afectan os aforos e horarios.

Terceiro. Modificación da Orde do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia nas que se modifican varios puntos que afectan os aforos e horarios.

As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 29 de xaneiro de 2022 ata as 00.00 horas do día 12 de febreiro de 2022.

En cumprimento dos principios de necesidade e de proporcionalidade, as medidas previstas nesta orde serán obxecto de seguimento e avaliación continua co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria. Como consecuencia deste seguimento e avaliación, as medidas poderán ser prorrogadas, modificadas ou levantadas mediante orde da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade.

 TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN