Resumo da disposición:
As persoas que poden beneficiarse destas axudas serán:
– No caso do Programa I microempresas, aquelas que estean dadas de alta no RETA con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, microempresas e, excepcionalmente, as pemes sempre que desenvolvan a súa actividade económica nos sectores especialmente paralizados. Estes sectores que poden beneficiarse da axuda serán aqueles encadrados no Decreto 124/2019, do 5 de setembro e aqueles que pertenzan aos CNAE: 4724, 4729, 4781, 4782, 4789, 4932, 5010, 5030, 5610, 5621, 5629, 5630, 5914, 7911, 7912, 7990, 8230, 9001, 9002, 9004, 9200, 9321 e 9329.
– No caso do Programa II hostalaría, poderán ser persoas ou entidades beneficiarias deste programa as persoas traballadoras autónomas persoa física, ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas, as pemes do sector hostalaría; tamén se consideran dentro do sector da hostalaría os hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos que cumpran os requisitos de ter o seu domicilio fiscal en Galicia e de estar afectados polos supostos de peche do establecemento ou peche perimetral do concello no que se sitúen.
Establécense dúas posibles axudas no marco do Programa I: unha axuda de 5.000 € para persoas ou entidades que pertenzan a sectores especialmente paralizados segundo se recolle na convocatoria reguladora e para o resto de actividades unha axuda de 4.000 €.
No caso de solicitantes pertencentes ao marco de axudas do Programa II, a axuda por establecemento será de 1.500 €/mes de paralización da actividade, contados a partir de outubro, cun mínimo de dúas semanas. No caso de establecementos que ocupen 10 persoas traballadoras ou máis percibirán a cantidade de 2.000 € por mes paralizado ou a parte proporcional, sempre que estiveran sen actividade un mínimo de dúas semanas.
+ información: 900 815 600 ou www.oficinadoautonomo.gal.
Estas axudas non serán acumulables.
O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 28/12/2020. As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia.