LIMITACIÓNS DA ENTRADA E SAÍDA DE PERSOAS en determinados ámbitos territoriais

  1. Quedan restrinxidas a entrada e a saída de persoas dos ámbitos territoriais dos concellos de LobiosA Pobra do Caramiñal e Mos.
  2. Quedan exceptuados das anteriores limitacións aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos seguintes motivos:

Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios; Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais, sindicais e de representación de traballadores ou legais; Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil; Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar; Asistencia e coidado, incluído o acompañamento, a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables; Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en territorios limítrofes; Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais; Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables; Realización de exames ou probas oficiais inaprazables; Coidado de hortas e animais; Asistencia a academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación; Desprazamento a establecementos comerciais polo miúdo de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade en territorios limítrofes cando non exista alternativa no propio concello; Por causa de forza maior ou situación de necesidade; Adestramentos ou competicións de ámbito federado profesional ou non profesional permitidos nesta orde. Para estes efectos, a Secretaría Xeral para o Deporte poderá establecer requisitos, condicións e limitacións aos desprazamentos correspondentes á actividade deportiva federada de ámbito autonómico e calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

  1. Non estará sometida a ningunha restrición a circulación en tránsito a través dos ámbitos territoriais, sen que resulten de aplicación as limitacións previstas no número 1.

LIMITACIÓN DA PERMANENCIA DE GRUPOS DE PERSOAS EN ESPAZOS PÚBLICOS OU PRIVADOS

  1. Nos concellos de LobiosA Pobra do Caramiñal e Mos, a permanencia de grupos de persoas en espazos, tanto de uso público coma de uso privado, abertos ou ao aire libre, quedará limitada só aos formados por persoas conviventes.
  2. No resto dos concellos de Galicia limitarase os grupos de persoas a un máximo de seis en espazos pechados e de dez en espazos abertos, tanto públicos coma privados, agás que se trate de conviventes. No caso de agrupacións en que se inclúan tanto persoas conviventes como non conviventes, o número máximo destas será de seis ou dez persoas dependendo de se se reúnen en espazos pechados ou abertos. Non obstante, nestes concellos entre a 1:00 e as 6:00 horas a permanencia de grupos de persoas, independentemente do tipo de espazo, quedará limitada aos constituídos só por persoas conviventes.
  3. As limitacións establecidas nos puntos anteriores exceptúanse nos seguintes supostos e situacións:

As persoas que viven soas, que poderán formar parte dunha única unidade de convivencia ampliada. Cada unidade de convivencia pode integrar soamente unha única persoa que viva soa; A reunión de persoas menores de idade cos seus proxenitores, no caso de que estes non convivan no mesmo domicilio; A reunión de persoas con vínculo matrimonial ou de parella cando estes vivan en domicilios diferentes; A reunión para o coidado, a atención, a asistencia ou o acompañamento a persoas menores de idade, persoas maiores ou dependentes, con discapacidade ou especialmente vulnerables; No caso de actividades laborais, institucionais, empresariais, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, así como no caso da práctica do deporte federado, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento; As actividades previstas no anexo da orde da Consellería de Sanidade pola que se establezan medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, vixentes en cada momento, respecto das cales se prevexa a posibilidade de grupos de persoas que non sexan conviventes; Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

LIMITACIÓN DA MOBILIDADE NOCTURNA

  1. No territorio dos concellos de LobiosA Pobra do Caramiñal e Mos, durante o período comprendido entre as 23:00 e as 6:00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou polos espazos de uso público para realizaren as seguintes actividades:

Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade; Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios; Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia; Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais; Retorno ao lugar de residencia habitual, tras realizar algunhas das actividades previstas neste punto; Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables; Por causa de forza maior ou situación de necesidade; Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada e abastecemento en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.

  1. Nos restantes concellos da Comunidade Autónoma de Galicia non resultará aplicable esta limitación.

ACTIVIDADE CINEXÉTICA DO XABARIL E DO LOBO

  1. Quedan exceptuadas das limitacións a entrada e saída de persoas dos ámbitos territoriais previstos no punto segundo, así como das restricións á permanencia de grupos de persoas en espazos públicos previstas no punto terceiro as accións de caza colectiva que se realicen exclusivamente sobre as especies cinexéticas do xabaril e do lobo, nos seguintes supostos:

Accións de caza sobre o xabaril de acordo coa planificación aprobada para a tempada de caza 2020/21 nos plans anuais de aproveitamento cinexético dos Tecor, e accións autorizadas especificamente en terreos de réxime cinexético común; Accións de caza con ocasión de danos á agricultura ou á gandaría ocasionados polo xabaril e/ou o lobo, logo da súa comprobación por parte das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de ambiente; Accións de caza como consecuencia de accidentes graves de tráfico reiterados nun mesmo punto quilométrico.

  1. En todo caso, durante o desenvolvemento destas accións de caza deberán cumprirse as condicións establecidas pola consellería competente en materia de ambiente, así como as medidas de prevención que adicionalmente poidan ser establecidas polas autoridades sanitarias.

As medidas previstas nesta orde terán efectos ata as 00:00 horas do 12 de xuño.