ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN

  • Plan de hostalaría segura:

https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Novo-Plan-hostalaria-segura

  • En todos os niveis:
    • Interior : máximo 10 persoas por mesa ou agrupación de mesas.
    • Exterior : máximo 20 persoas por mesa ou agrupación de mesas.

Non se poderán celebrar actividades recreativas como cotillóns e festas cando se ofrezan servizos de bebida e restauración se estes establecementos non contan co correspondente título habilitante propio das actividades de hostalaría e restauración.

ESTABLECEMENTOS DE LECER NOCTURNO

Plan de lecer nocturno de Galicia:
https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Lecer-nocturno

  • Obrigatorio o uso das máscaras no interior.
  • Distancia de seguridade: 1,5 metros entre mesas ou agrupación de mesas así como nas zonas de tránsito.

En todos os niveis:

    • Interior : máximo 10 persoas por mesa ou agrupación de mesas.
    • Interior : máximo 10 persoas por mesa ou agrupación de mesas.Exterior: máximo 20 persoas por mesa ou agrupación de mesas.

Non se poderán celebrar actividades recreativas como cotillóns e festas cando se ofrezan servizos de bebida e restauración se estes establecementos non contan co correspondente título habilitante propio das actividades de lecer nocturno.

Eficacia

  1. As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 26 de febreiro ata as 00.00 horas do 12 de marzo de 2022, agás no que atinxe ao previsto nos parágrafos catro e seis do punto segundo, que producirán efectos desde as 00.00 horas do día 4 de marzo de 2022 ata as 00.00 horas do 12 de marzo de 2022.
  1. En cumprimento dos principios de necesidade e de proporcionalidade, as medidas cuxa eficacia se prorroga serán obxecto de seguimento e avaliación continua co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria. Como consecuencia deste seguimento e avaliación, as medidas poderán ser prorrogadas, modificadas ou levantadas mediante orde da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade.

 

TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN