Activado o procedemento para facilitar anticipos aos traballadores afectados por ERTEs. @S traballador@s afectados por expedientes de regulación temporal de emprego ( ERTEs) que aínda non cobrasen as prestacións por desemprego poden solicitar á Xunta un anticipo, tras a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) destes apoios.
En base a esta disposición, as persoas traballadoras afectados por un ERTE poderán recibir de forma inmediata 1500 euros, cun tope mensual de 750 euros, mediante un convenio entre a Xunta e varias entidades financeiras (polo momento Abanca, Caixa Rural, Banco Sabadell e CaixaBank). Poderán ser beneficiari@s desta liña de axudas persoas que presten os seus servizos laborais en Galicia, incluídas en ERTEs aprobados como consecuencia da crise sanitaria provocada polo Covid-19 e que aínda non recibiron as prestacións que lles corresponden por parte do Goberno central. Os adiantos estarán libres de intereses e comisións.
– TEXTO INTEGRO DA DISPOSICIÓN
