Medidas específicas:
As visitas e acompañantes dos pacientes hospitalizados poderán acceder aos centros hospitalarios, tanto públicos como privados, sempre que as persoas maiores de 12 anos dispoñan dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado, que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias:
- Pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Regulamento (CE) 726/2004.
- Proba diagnóstica PCR negativa nas últimas 72 horas anteriores ou 48 horas no caso de tests de antíxenos
- Recuperación dunha infección diagnosticada nos últimos 6 meses.(caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR.
Esta medida será aplicable tamén para visitas e acompañantes en hoteis de pacientes e hospitais de día oncolóxico ou de diálise, tanto públicos como privados.
A medida non será aplicable para o acceso das persoas acompañantes dos pacientes no ámbito das consultas hospitalarias, nin para os acompañantes dos pacientes que acudan ao servizo de urxencias hospitalarias.
Autorización xudicial, publicación e eficacia
- Solicitarase a autorización xudicial respecto da prórroga das medidas consistentes na exhibición de documentación previstas nos puntos primeiro e segundo desta orde, en canto poden implicar limitación ou restrición de dereitos fundamentais, de acordo co disposto na redacción vixente do número 8 do artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e publicarase a orde unha vez obtida a referida
autorización.
A prórroga das medidas previstas nesta orde producirá efectos desde as 00.00 horas do día seguinte ao da súa publicación e ata as 00.00 horas do día 9 de abril de 2022.
- En cumprimento dos principios de necesidade e de proporcionalidade, as medidas previstas nesta orde serán obxecto de seguimento e avaliación continua co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria. Como consecuencia deste seguimento e avaliación, as medidas poderán ser prorrogadas, modificadas ou levantadas mediante orde da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade