AS MEDIDAS REFLECTIDAS NESTE DOCUMENTO RECOLLEN AS QUE SON DE APLICACIÓN NOS TERRITORIOS DOS CONCELLOS CON NIVEL DE RESTRICIÓN MEDIA/BAIXA ENTRE OS QUE SE ATOPAN OUTEIRO DE REI E MUNICIPIOS LIMÍTROFES COMO PODEN SER LUGO, RÁBADE OU CASTRO DE REI.
As medidas previstas nesta orde terán efecto desde as 00:00 horas do día 25 de setembro de 2021
USO DA MÁSCARA
- A máscara será obrigatoria en todo momento para as persoas de seis ou máis anos en espazos pechados de uso público ou abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.
- Na vía pública e en espazos ao aire libre, e en ambos casos , cando a aglomeración de persoas impidan manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.
- Nos medios de transporte públicos e privados complementarios de viaxeiros en vehículos de ata nove prazas .
- Nas actividades no ámbito laboral desenvolvidas en espazos interiores, comúns ou de uso colectivo ou en calquera outra dependencia en que estean varios traballadores/as e/ou clientes será tamén obrigatorio o seu uso.
- Tamén será obrigatoria para os accesos, desprazamentos e paseos nas praias e piscinas cando se produzan aglomeracións de persoas que impidan manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.
EXCEPCIÓNS:
- Persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitar a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.
- Nos vehículos de turismo, cando todas as persoas ocupantes convivan no mesmo domicilio.
- No mar, praias e piscinas no momento do baño e mentres se permaneza nun espazo determinado, sempre que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal entre todas as persoas usuarias non conviventes.
- Nos establecementos de hostalaría e restauración, exclusivamente nos momentos estritamente necesarios para comer ou beber.
- No exercicio de deporte individual en espazos ao aire libre, exclusivamente durante a realización da práctica deportiva, sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de 1,5 metros con outras persoas ou deportistas non conviventes. Non obstante, deberá usarse a máscara na práctica do deporte nas vías públicas, como rúas, avenidas, paseos, prazas e camiños de tránsito público, ou outros lugares que sexan lugar de circulación habitual de viandantes e polos que circulen de feito nese momento.
- Na práctica do deporte no medio acuático, sexa este natural ou artificial.
VIDA SOCIAL E COMUNITARIA
- Lugares de culto: 75% da súa capacidade máxima permitida.
- Velorios: 10 persoas por túmulo sexan ou non conviventes.
- Enterramento ou despedida para a cremación: 50 persoas sexan ou non conviventes.
- Congresos, actos e reunión laborais, institucionais, académicos ou profesionais: 75% da capacidade autorizada do local sempre que o público permaneza sentado. Límite de 500 persoas en locais pechados e 1000 persoas en locais ao aire libre.
- Bibliotecas e arquivos, museos, salas de exposición, monumentos e outros equipamentos culturais: 75% da súa capacidade máxima permitida. Actividades culturais: 20 persoas sexan ou non conviventes excluído o monitor ou guía.
- Cines, teatros, auditorios ou espazos similares: 75% da súa capacidade máxima permitida. Límite de 500 persoas en locais pechados e 1000 persoas en locais ao aire libre. O público deberá permanecer sentado. Deberá existir un rexistro de asistentes ao evento que deberá ser custodiado durante o mes seguinte coa información de contacto.
COMPETICIÓNS DEPORTIVAS:
- Mais de 1500 persoas:
- Ao aire libre: Público sentado: 60 %
- Recintos pechados: Público sentado: 40 %
- Menos de 1500 persoas:
- Público sentado: 75%
TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210923/2769/AnuncioC3K1-220921-10_gl.pdf