USO DA MÁSCARA:
A máscara será obrigatoria en todo momento para as persoas de seis ou máis anos en espazos pechados de uso público ou abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.
Na vía pública e en espazos ao aire libre, e en ambos casos , cando a aglomeración de persoas impidan manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.
Nos medios de transporte públicos e privados complementarios de viaxeiros en vehículos de ata nove prazas .
Nas actividades no ámbito laboral desenvolvidas en espazos interiores, comúns ou de uso colectivo ou en calquera outra dependencia en que estean varios traballadores/as e/ou clientes será tamén obrigatorio o seu uso.
Tamén será obrigatoria para os accesos, desprazamentos e paseos nas praias e piscinas cando se produzan aglomeracións de persoas que impidan manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

Excepcións:
-Persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitar a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.
-Nos vehículos de turismo, cando todas as persoas ocupantes convivan no mesmo domicilio.
-No mar, praias e piscinas, no exterior ou cubertas, lagos, encoros, ríos ou noutras zonas de baño, durante o baño, e mentres se permaneza nun espazo determinado, e sempre que se poida garantir o respecto da distancia de seguridade interpersoal entre todas as persoas usuarias non conviventes. En calquera caso, será obrigatorio o uso de máscara para os accesos, desprazamentos e paseos nas praias e piscinas, lagos e demais contornos acuáticos, así como para o uso de vestiarios de piscinas públicas ou comunitarias, salvo nas duchas, cando non se poida manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros entre persoas non conviventes. Para os efectos do indicado no parágrafo anterior, entenderase que non é posible garantir o mantemento dunha distancia de seguridade interpersoal de, polo menos, 1,5 metros e, polo tanto, será obrigatorio o uso da máscara sempre que se transite ou se estea en movemento polos espazos indicados e, pola concorrencia doutras persoas, non se poida garantir, atendendo ao número de persoas e ás dimensións do lugar, o mantemento da distancia de seguridade. Entenderase por actividades incompatibles co uso da máscara as actividades de socorrismo ou rescate cando requiran acceder ao medio acuático.
-Nos establecementos de hostalaría e restauración, exclusivamente nos momentos estritamente necesarios para comer ou beber.
-No interior dos cuartos de establecementos de aloxamento turístico e outros espazos
similares, cando unicamente se encontren neles persoas que se aloxen no cuarto.
-No caso do exercicio de deporte individual en espazos ao aire libre e na vía pública,
exclusivamente durante a realización da práctica deportiva, sempre que, tendo en conta a
posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, se poida garantir o mantemento
da distancia de 1,5 metros con outras persoas ou deportistas non conviventes.
Seralles de aplicación o establecido no parágrafo anterior ás actividades que supoñan
un esforzo físico de carácter non deportivo equiparable a este, ao aire libre e de forma
individual.
-Na práctica de deporte no medio acuático, sexa este natural ou artificial.

VIDA SOCIAL E COMUNITARIA:
-Lugares de culto: 100% da súa capacidade máxima permitida.
-Velorios e enterros: Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións. O uso de máscara será obrigatorio nos termos previstos.
-Actos e reunións laborais, institucionais, académicos, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativos, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, congresos e outros eventos: 100% da súa capacidade permitida, sempre que o público asistente permaneza sentado. En feiras, congresos e actos profesionais permitirase o desprazamento dos asistentes nos espazos de exposición cunha capacidade limitada ao setenta e cinco por cento.
-Bibliotecas e arquivos, museos, salas de exposición, monumentos e outros equipamentos culturais: 100% da súa capacidade máxima permitida.
-Celebración de competicións deportivas con público, actividades en cines, teatros, auditorios e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas:
1-As competicións deportivas con público poderán celebrarse cunha ocupación máxima do 80% en interior e do 100% no exterior, sempre que o público asistente permaneza sentado e se garantan as medidas establecidas.
2-As actividades en cines, teatros, auditorios e espazos similares, e en establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas con público sentado poderán desenvolverse co 100% da capacidade máxima permitida.
-Hostalaría: tanto no interior coma nas terrazas dos establecementos permitirase o 100% da capacidade máxima permitida

TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN