AS MEDIDAS REFLECTIDAS NESTE DOCUMENTO RECOLLEN AS QUE SON DE APLICACIÓN NOS TERRITORIOS DOS CONCELLOS CON NIVEL DE RESTRICIÓN MEDIA/BAIXA ENTRE OS QUE SE ATOPAN OUTEIRO DE REI E MUNICIPIOS LIMÍTROFES COMO PODEN SER LUGO, RÁBADE OU CASTRO DE REI.

 

LIMITACIÓN DA PERMANENCIA DE GRUPOS DE PERSOAS EN ESPAZOS PÚBLICOS OU PRIVADOS

No territorio dos concellos con nivel de restrición media/baixa, limitaranse os grupos a un máximo seis persoas, en espazos pechados, e as dez persoas, en espazos abertos, agás que se trate de conviventes ou que os encontros se produzan exclusivamente entre persoas de dúas unidades de convivencia diferentes.

Nos concellos con nivel de restrición máximo e alto que se relacionan no anexo da disposición, entre a 1.00 e as 6.00 horas, a permanencia de grupos de persoas en espazos pechados e en espazos abertos ou ao aire libre, sexan de uso público ou privado, quedará limitada aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes. Así mesmo, respecto do resto dos concellos da Comunidade Autónoma, a permanencia de grupos de persoas en espazos pechados e en espazos abertos ou ao aire libre, sexan de uso público ou privado, quedará limitada aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes entre as 3.00 e as 6.00 horas.

AS MEDIDAS PREVISTAS NESTA ORDE TERÁN EFECTOS DESDE AS 00:00 HORAS DO DÍA 24 DE XULLO ATA O DÍA 7 DE AGOSTO.

PARA COÑECER AS MEDIDAS QUE SON DE APLICACIÓN NOUTROS MUNICIPIOS PODE CONSULTAR O TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN AQUÍ:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210723/2709/AnuncioC3K1-220721-2_gl.html