Resumo da disposición:

As persoas que poden beneficiarse destas axudas serán aquelas que estean dadas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadores por conta propia e que teñan recoñecida o cesamento ordinario ou extraordinario de actividade regulado no RD-Lei 30/2020, do 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego. Igualmente terán que estar encadradas nos sectores cuxa actividade estivera especialmente paralizada (consultar disposición).

Establécense dúas posibles axudas: os solicitantes que cumpran os anteriores requisitos poderán optar a unha axuda de 1200 €; a maiores de cumprir os requisitos anteriormente citados, deberá cumprir algún dos puntos do artigo 6.2 das bases da convocatoria de axudas para poder optar a unha axuda de 2000 €.

Tendo en conta que as persoas solicitantes da axuda de 2000 € deben cumprir tamén os requisitos para optar á axuda de 1200 €, se rematasen os créditos previstos para as axudas de 2000 €, estas persoas poderán resultar beneficiarias da axuda de 1200 €.

Estas axudas non serán acumulables.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto e rematará o día 18 de decembro de 2020. As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia.

O prazo máximo para resolver e notificar as solicitudes será de un mes, que se computará dente a presentación da solicitude.

Máis información nos seguintes enlaces:

https://sede.xunta.gal/detalle procedemento?codtram=TR400A&ano=2020&numpub=1&lang=gl

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201118/AnuncioG0599-171120-0004_gl.html