USO DA MÁSCARA:

A máscara será obrigatoria en todo momento para as persoas de seis ou máis anos en espazos pechados de uso público ou abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

Na vía pública e en espazos ao aire libre, e en ambos casos , cando a aglomeración de persoas impidan manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

Nos medios de transporte públicos e privados complementarios de viaxeiros en vehículos de ata nove prazas .

Nas actividades no ámbito laboral desenvolvidas en espazos interiores, comúns ou de uso colectivo ou en calquera outra dependencia en que estean varios traballadores/as e/ou clientes será tamén obrigatorio o seu uso.

Tamén será obrigatoria para os accesos, desprazamentos e paseos nas praias e piscinas cando se produzan aglomeracións de persoas que impidan manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

 

Primeiro. Medida preventiva de seguridade sanitaria consistente na exhibición de do­cumentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para o acceso aos centros hospitalarios das visitas e acompañantes dos pacientes hospitalizados

  1. As visitas e acompañantes dos pacientes hospitalizados poderán acceder aos centros hospitalarios, tanto públicos como privados, sempre que as persoas maiores de 12 anos dispoñan dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado, que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias:

1º. Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Regulamen­to (CE) 726/2004.

2º. Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas, no caso das PCR, e 48 horas, no caso dos tests de antíxenos. No caso dos tests rápidos de antíxenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01, do Consello de Europa.

3º. Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses. Para iso, a persoa deberá ter sido diagnosticada como caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, e non é válido outro tipo de test.

 A medida non será aplicable para o acceso das persoas acompañantes dos pacientes no ámbito das consultas hospitalarias, nin para os acompañantes dos pacientes que acu­dan ao servizo de urxencias hospitalarias.

No caso dos visitantes ou acompañantes que non dispoñan da documentación indica­da no número 1, permitirase o acceso se aceptan voluntariamente someterse a unha proba diagnóstica realizada no hospital.

Co obxecto de procurar a máxima garantía de privacidade e intimidade das persoas, a información a que se refire a medida preventiva só poderá ser solicitada para os efectos da súa mera comprobación ou verificación. Non se conservarán en ningún caso datos de carácter persoal nin se crearán ficheiros con eles. Polo tanto, non se realizarán en ningún caso operacións de tratamento sobre datos persoais, xa sexa por procedementos auto­matizados ou non, como a recollida, rexistro, organización, estruturación, conservación, adaptación ou modificación, extracción, consulta, utilización, comunicación por transmi­sión, difusión ou calquera outra forma de habilitación de acceso ou outra operación non permitida pola normativa vixente.

TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN