AS MEDIDAS REFLECTIDAS NESTE DOCUMENTO RECOLLEN AS QUE SON DE APLICACIÓN NOS TERRITORIOS DOS CONCELLOS CON NIVEL DE RESTRICIÓN MEDIA/BAIXA ENTRE OS QUE SE ATOPAN OUTEIRO DE REI E MUNICIPIOS LIMÍTROFES COMO PODEN SER LUGO, RÁBADE OU CASTRO DE REI.
MODIFICACIÓNS:
No territorio dos concellos con nivel de restrición media/baixa, recoméndase que os grupos non superen as seis persoas, en espazos pechados, e as dez persoas, en espazos abertos, agás que se trate de conviventes.
- Actividade deportiva:
A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, e coa utilización da máscara. No caso da práctica de forma colectiva, recoméndase que os grupos non superen as dez persoas, sexan ou non conviventes, sen contar ao monitor.
No caso da actividade física e deportiva non federada nas instalacións e nos centros deportivos pechados, poderase realizar en grupos de ata seis persoas, sen contar ao monitor, coa utilización de máscara e sempre que non se supere o 75% da capacidade máxima permitida.
Tamén se permite o uso deportivo das piscinas ao aire libre ou cubertas cunha ocupación máxima do 75%.
- Hostalaría e restauración:
Os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e de consumo a domicilio, de entrega a domicilio, de terraza co 100% da capacidade máxima permitida, con base na correspondente licenza municipal, e tamén de servizo no interior cunha ocupación do 50%. Só se poderá utilizar a barra para solicitar e recoller consumicións, pero non para realizar o consumo nela.
A ocupación máxima será de seis persoas no interior e dez persoas na terraza, por mesa ou agrupación de mesas.
O horario de peche ao público será ás 23:00 horas. Os establecementos que utilicen a opción de ampliar o seu horario ata as 01:00 horas deberán cumprir os requisitos que se determinan no marco do Plan de hostalaría segura, e sen que se poidan admitir novos clientes a partir das 00:00 horas.
- Centros de lecer infantil:
Estes centros poderán desenvolver a súa actividade cunha capacidade máxima do 75% e unha ratio dun monitor por cada dez participantes.
Os grupos serán de dez nenos/nenas nas actividades no exterior e de seis no interior.
Os nenos/nenas dun grupo non poderán interactuar cos que integren outros grupos.
AS MEDIDAS PREVISTAS NESTA ORDE TERÁN EFECTOS DESDE AS 00:00 HORAS DO DÍA 17 DE XULLO E SERÁN OBXECTO DE REVISIÓN E MODIFICACIÓN.
PARA COÑECER AS MEDIDAS QUE SON DE APLICACIÓN NOUTROS MUNICIPIOS PODE CONSULTAR O TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN AQUÍ:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210716/2701/AnuncioC3K1-150721-5_gl.html.