Primeiro. Medida preventiva de seguridade sanitaria consistente na exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para o acceso aos centros sociosanitarios residenciais de maiores e de persoas con discapacidade.
Segundo. Medida preventiva de seguridade sanitaria consistente na exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para a práctica de actividade física ou deportiva non federada en centros ou instalacións deportivas pechadas ou en piscinas cubertas.
Terceiro. Medida preventiva de seguridade sanitaria consistente na exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para o acceso a eventos multitudinarios ou a aqueles que teñan autorizada a venda de alimentos ou bebidas para o seu consumo durante eles.
- a) Para o acceso ao interior dos establecementos ou recintos pechados, que conten cunha asistencia de público superior a 200 persoas, nos cales se desenvolvan os seguintes eventos ou actividades:
- A realización de actos institucionais, congresos, feiras e outros eventos profesionais de análoga natureza.
- Celebración de competicións deportivas con público, actividades en cines, teatros, auditorios e espazos similares, así como eventos musicais e artísticos e outros eventos realizados en recintos pechados e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas.
- Celebración de eventos deportivos e outras actividades deportivas non federadas de carácter organizado.
- Festas, verbenas e outros eventos populares realizados en espazos acoutados e pechados. b) Para o acceso ás actividades e aos eventos sinalados na alínea a) que se desenvolvan en recintos ou espazos acoutados ao aire libre e que conten cunha asistencia de público superior a 500 persoas.
- c) Para o acceso ás actividades e aos eventos sinalados nas alíneas a) e b), xa sexan en recintos ou espazos pechados ou acoutados ao aire libre, sempre que polas súas características teñan autorizada a venda de alimentos ou bebidas para o seu consumo neles, independentemente do número de asistentes.
Nos supostos indicados no punto anterior, o acceso ao interior dos locais por parte das persoas maiores de 12 anos requirirá da presentación dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado, que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias:
1º. Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se
concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Regulamento (CE)
nº 726/2004.
2º. Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas,
no caso das PCR, e 48 horas, no caso dos test de antíxenos. No caso dos test rápidos
de antíxenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de test rápidos de
antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01, do
Consello de Europa.
3º. Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses.
Para iso, a persoa deberá ter sido diagnosticada como caso confirmado da COVID-19 hai
11 días ou máis mediante unha proba PCR, e non é válido outro tipo de test.
A medida adóptase con carácter temporal, atendidos os principios científicos, as probas científicas e a información dispoñible neste momento, buscando asegurar un nivel elevado de protección da cidadanía, de acordo co establecido no artigo 38.ter da Lei 8/2008,
do 10 de xullo.