Deseñando o teu futuro é unha iniciativa promovida polo Concello de Outeiro de Rei destinada a mozos e mozas con idades comprendidas entre 16 e 18 anos que lles permite aproximarse ao ámbito socio-laboral facilitándolles unha experiencia durante 5 días nalgunha das empresas do municipio que colaboran con este proxecto.

Nesta quinta edición participaron un total de 18 xovenes que realizaron as súas estadías nas empresas asentadas no municipio que se relacionan a continuación: MARCELLE NATUREZA, D10 CENTRO DEPORTIVO, OLERÍA DE BONXE, GARATUXA, INGAPÁN, PANADERÍA OUSÁ, BEN ALONSO SL, DOMUS Vi, AVIFAUNA e FULGENCIO CASÁS LOMBAO.

Rematadas as estadías nas empresas, @s participantes fixeron unha visita ao Viveiro Industrial Municipal que o Concello ten no parque empresarial e por último foron recibidos polo alcalde, José Pardo Lombao na Casa do Concello, onde participaron nun sorteo de tres tablets, resultando premiados Humberto Mazoy, Nerea Vila e Ainhoa Sangiao.

A iniciativa foi valorada polos moz@s como moi positiva dentro do seu desenvolvemento persoal e de formación.