No dia de hoxe, a agrupación de Concellos integrada polos Concellos de OUTEIRO DE REI-FRIOL-RÁBADE- BEGONTE-COSPEITO-CASTRO DE REI-ABADÍN –MONDOÑEDO asinaron na Casa Consistorial de Outeiro de Rei un convenio de colaboración para a solicitude conxunta dunha subvención á Conselleria de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para a realización dun Programa Integrado de Emprego.
O Concello de Outeiro de Rei será o promotor desta solicitude que ten por obxecto a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral de persoas traballadoras en situación de desemprego, mediante a posta en marcha dun plan integral que combina accións de información, orientación, asesoramento, formación, práctica laboral, prospección de empresas, intermediación laboral e mobilidade xeográfica.