O servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza uns obradoiros online dirixidos a nais e pais para traballar sobre a comunicación e a autoestima.
Estes obradoiros serán impartidos de xeito online ( a través da plataforma zoom) para facilitar a participación e conciliación por parte de nais e pais. Mercedes De Santaló, educadora de Disciplina Positiva certificada en familias, aula e primeira infancia será a persoa encargada de dirixir os obradoiros.
Neste obradoiro abordaranse os seguintes contidos:
• Que é a “comunicación continxente” e como é fundamental crear unha relación segura. Veremos a relación entre a comunicación e a autoestima nosa e dos nosos fillos/as
• Ferramenta: “Conectar e redirixir” (para momentos difíciles, “rabietas ou explosión emocional”
• Ferramenta: “Amable e firme ao mesmo tempo” (a clave da aprendizaxe baseada no respecto ao neno/a, ao adulto e ao contexto)
• Ferramenta “Escoita activa” (clave para o apego, a confianza e a conexión cos nosos fillos/as)
• Comunicación restauradora. Ferramenta as 3 R do perdón. Para garantir que nós e as nosas fillas e fillos podemos aprender realmente dos nosos erros e considerar o erro como parte da aprendizaxe.
• Ademais resolveranse dúbidas, compartiremos impresións e o que xurda.
Datas: 22 de febreiro e 22 de marzo de 2022 Horario: de 17.00 a 18.30
Inscricións: prevenciondrogas@rabade.org ( ata o 18 de febreiro)
+ INFO
Servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de rei e Rábade.
MAIL: prevenciondrogas@rabade.org TELÉFONO: 982390062 (Maria Barreiro)