A Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer AFALU en colaboración co Concello de Outeiro de Rei, organiza uns obradoiros para as persoas maiores para a prevención e tratamento da soidade non desexada.
Días: mércores en horario de 12:00 a 13:00 h
Lugar: Salón de Actos de Casa de Cultura ou no Centro Cultural de Outeiro de Rei.
Os obradoiros serán: autocoidado, risoterapia, estimulación sensorial, automasaxe, relaxación e pilates terapéutico.
Información nos teléfonos: 982 393 281 (Blanca)
982 393 408 (Cruz)