Obradoiro Repouso e SonoO Concello de Outeiro de Rei a través do Servizo de prevención de Condutas Adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza unha formación gratuíta sobre repouso e sono dirixido á poboación xeral.

A formación terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei o día 24 de abril de 2026 de 17.00 a 19.00 h.

A persoa encargada de impartir a formación será Olga Roca Bergantiños (enfermeira da Área sanitaria de Lugo) a través da Escola Galega de Saúde para cidadáns.

Obxectivos:

  • Coñecer que é o sono e porque é esencial para a saúde física, emocional e cognitiva.
  • Identificar os principais cambios que ocorren no sono co paso dos anos.
  • Reflexionar sobre hábitos e factores que afectan ao sono.
  • Ofrecer pautas para mellorar a calidade do descanso, adaptadas á idade e situación persoal.
  • Fomentar unha visión crítica fronte ao uso de fármacos para durmir.

Programa:

  • O ciclo do sono (fases). Cambios ca idade: menos horas, máis despertares, sestas diúrnas.
  • Relación entre sono e funcións vitais: memoria, sistema inmunitario, estado de ánimo, prevención de enfermidades.
  • Mitos frecuentes: “Durmir pouco é normal nos maiores” vs “Hai que durmir 8 horas si ou si”. Cando preocuparse? Insomnio crónico, somnolencia diúrna excesiva, apnea, pernas inquietas.
  • Factores que alteran o descanso:
    • Factores físicos (dor, enfermidades crónicas, medicamentos).
    • Factores psicolóxicos (preocupacións, soidade, rutinas monótonas).
    • Factores externos (ruído, luz, temperatura, horarios irregulares).
    • Estimulantes e sustancias (café, alcohol, pantallas…).
  • Claves prácticas para durmir mellor sen necesidade de pastillas:
    • Rutinas regulares e sinais ao cerebro (horarios, luz , exercicio ). As sestas.
    • Rituais previos ao sono: lectura tranquila, infusións, respiración.
    • Uso dos fármacos: cando axudan e cando escravizan.
  • Ferramentas alternativas: hixiene do soño, técnicas de relaxación, apoio emocional.

Para inscribirse existen diversas vías (antes do 20 de abril)