O Concello de Outeiro de Rei organiza o obradoiro de Muller e Saúde enmarcado dentro do programa de actividades de promoción da muller 2022.

Este obradoiro está dirixido especialmente ás mulleres para abordar o seu  benestar específico ofrecendo información que permita mellorar e manter a súa saúde.  O obradoiro será impartido por persoal da Escola Galega de Saúde.

Lugar de celebración: Salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei
Datas: 7 de novembro de 2022
Horario: de 16.30  a 20.30 h

Obxectivos:

  • Mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos na muller.
  • Previr enfermidades propias do colectivo feminino

Programa:

  • Menopausa e osteoporose
  • Prevención xinecolóxica
  • Factores de risco
  • Fisiopatoloxía
  • Alimentación e exercicio

Profesorado:

  • Cristina Ouro Nuñez.- Matrona do Complexo Hospitalario de Lugo

Dirixido a: Poboación xeral

INSCRICIÓN: ata o 31/10/2022 a través dos seguintes medios:

  1. Oficina da Casa da Cultura
  2. Teléfono: 982 393 408
  3. Web da Escola Galega de Saúde https://escolasaude.sergas.es/ ( listado de cursos presenciais)

Obradoiro Muller e saúde