O Concello de Outeiro de Rei  organiza unha formación sobre o manexo do estrés e da ansiedade enmarcado dentro das actividades para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

A formación, de carácter gratuíto, terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei o día 25 de novembro de 2025, de 16:30 h a 20:30 h.

Obxectivos:

  • Aprender a xestionar as emocións.
  • Conseguir un manexo axeitado do estrés e da ansiedade.
  • Lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/o transición vital: enfermidade, dolo, etc.

Programa:

  • Que é o estrés e a ansiedade?
  • Síntomas e efectos do estrés e a ansiedade.
  • Fontes de estrés – factores claves – coñecer os teus.
  • Coñecer, entender, e manexar o estrés e a ansiedade na túa vida.
  • Estratexias para manexar, reducir e relaxar o estrés .

A persoa encargada de impartir a formación será Jenifer Souto Pérez, enfermeira, educadora e psicóloga a través da Escola Galega de Saúde para cidadáns.

Para inscribirse existen diversas vías (ata 21 de novembro)

https://extranet.sergas.es/FEWEB/FEWEB/InscricionCidadan.aspx?CodCurso=97C1A1E6A07C8BDDD96B9360C36025A5&Titulo=1E6F7A06CB70AA973524085D22BFE4C1FC5439B060F6C2A13792A3E4509CFF7DE6ADF60BE56CB265A443606305C6937B&DataComezo=165C4DA37DC6F6B8DD606AB930C8E099&Localidade=4848E5288815149A9DEAF3846E6FD76F&DInicio=4C25D1F9602F74458D7CCF072CCC7345&DLimite=165C4DA37DC6F6B8DD606AB930C8E099

  • Servizos Sociais _Concello de Outeiro de Rei 982 393 281
  • de prevención condutas adictivas 982 873 882

teléfono)