O servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS no Concello de Outeiro de Rei dirixido á poboación en xeral.
Lugar de celebración: Salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei
Data: 10/02/2022
Horario: 16,30 a 20,30 horas
Obxectivos:
- Adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran actuacion de primeiros auxílios básicos.
- Aclarar dúbidas referentes os primeiros auxilios .
Programa:
Atención inicial en situacións de urxencia máis frecuentes:
- Como chamar ao 061?
- Asistencia inicial ante un traumatismo , feridas e hemorraxias.
- Convulsións, crisis epiléptica.
- Dificultade respiratoria: ansiedade, crisis asmática, etc
- Dor torácico.
- Queimaduras: escaldadura
- Perda de coñecemento: Sincope, coma,…..
- Diabetes: Hipoglucemia.
- Reacciones alérxicas.
- Intoxicaciones.
- Reanimación Cardiopulmonar Básica en adultos e infancia: atragantamento, recoñocemento dunha PCR.
Profesorado:
Marta Fernández López, enfermeira asistencial, Base de Lugo, FPUS 061 Galicia.
Inscricións: ata o 9 de febreiro de 2022 a través dos seguintes medios:
- Web da Escola Galega de Saúde https://escolasaude.sergas.es/ ( cursos presenciais)
- Ou no mail: prevenciondrogas@rabade.org, remitindo : nome e apelidos, enderezo, teléfono, DNI e mail.