Obradoiro de emprego Santa Isabel IV

O Obradoiro Dual de Emprego Santa Isabel IV iniciou a súa actividade o pasado venres día 18, día no que o alumnado traballador dos concellos integrantes do mesmo (Castro de Rei, Cospeito e Outeiro de Rei) xunto co resto de persoal do obradoiro déronse cita neste último concello, que este ano é o promotor do obradoiro, recibindo ao longo da mañá formación sobre prevención en riscos laborais.

Os obradoiros duais de emprego desenvólvense durante nove meses e céntranse na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social e nacen coa finalidade de posibilitar un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a cualificación profesional dos beneficiarios e favoreza a súa posterior inserción laboral.

Os certificados de profesionalidade que se impartirán neste obradoiro son:

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ADGG0508 Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos
IMST0109 Produción fotográfica (deste certificado de profesionalidade soamente se impartirá o módulo MF0928_2 Tratamento de imaxes dixitais)
Para a realización do proxecto: DIXITALIZACIÓN E ORGANIZACIÓN DE ARQUIVO MUNICIPAL

CONCELLO DE CASTRO DE REI

MAMD0209 Traballos de carpintería e moble
MAMD0109 Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintería e moble
Para a realización do proxecto: CONSTRUCIÓN DE MÓDULOS DE CUBRICIÓN DE LIXO E MOBILIARIO URBANO

CONCELLO DE COSPEITO

EOCB0209 0peracións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización
Para a realización do proxecto: PAVIMENTACIÓN DE VÍAS URBANAS EN FEIRA DO MONTE E MUIMENTA
Este obradoiro de emprego conta cunha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade por importe 346 946 € e empregará a un total de 26 persoas entre alumnos traballadores (20), monitores (3), administrador (1) e director (1) ademais dun mestre.

Documentación