Dende o servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organizase un obradoiro no Concello de Outeiro de Rei dirixido a nais e pais para abordar a temática da educación emocional e sexual.
O obradoiro será impartido por persoal do Centro Quérote+ de Lugo.
A actividade terá lugar o 21/03/2022 de 17.00 a 18.30 h na Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei.
É preciso inscribirse enviando os datos ao mail: prevenciondrogas@rabade.org ou chamando ó 982390062.
Este obradoiro ten os seguintes obxectivos
- Crear un espazo seguro para poder falar das dúbidas, preocupacións e dificultades da crianza sen sentimentos de culpa ou xuízos de valor.
- Dotar de coñecementos básicos para a educación sexual
- Construción de ferramentas que axuden na xestión diaria da educación dos fillos e fillas
Lugar de celebración: Casa da Cultura de Outeiro de Rei
Datas: 21 de marzo de 2022
Horario: de 17.00 a 18.30
Inscricións: prevenciondrogas@rabade.org (ata 18 de marzo). Teléfono: 982.39.00.62