O mércores 12/04/2023 chega a Outeiro de Rei a campaña de GALICIA SABE AMAR, unha campaña da Xunta de Galicia para invitar á cidadanía a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.
A través desta campaña poderanse degustar gratuitamente petiscos elaborados co peixe e marisco galego combinados con produtos da terra. A tal efecto instalarase unha foodtruck na Praza do Concello de Outeiro de Rei en horario de mañá de 12:00 a 15:00 h e de tarde de 16:30 a 19:30 h.
Dende o Concello invitamos á veciñanza a participar nesta iniciativa para gozar da gastronomía galega, poñer en valor os produtos da terra e ser conscientes do beneficio para a saúde do consumo dos produtos do mar.