O próximo xoves 26/09/2024 chega a Outeiro de Rei por segundo ano a campaña de “GALICIA SABE AMAR”, unha campaña da  Xunta de Galicia para invitar a cidadanía  a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo. Nela poderanse degustar petiscos elaborados co peixe e marisco galego combinados con produtos da terra.

Para elo unha foodtruck estará na Praza do Concello de Outeiro de Rei  en horario de mañá de 12:00 a 15:00 h e de tarde de 16:30 a 19:30 h.

Dende o Concello invitamos a veciñanza a participar nesta iniciativa para gozar da gastronomía galega, poñer en valor os produtos da terra e a ser conscientes do beneficio para a saúde do consumo de produtos como o peixe e o marisco.