O Concello de Outeiro de Rei ante o cese temporal das actividades de carácter presencial puxo en marcha a web https://virtual.outeiroderei.org/ a través da cal poderase acceder a diferentes contidos repartidos en catro seccións: Conciliación Familiar, Escola Infantil Municipal, Deportes e Cultura. As dúas primeiras seccións están dirixidas a usuari@s dos servizos de conciliación familiar e da escola infantil polo que será preciso ter un contrasinal para acceder aos contidos mentres que as seccións de deportes e cultura serán de acceso libre.
Os contidos actuais cos que arranca esta plataforma dixital representan un punto de partida que irá crecendo nas sucesivas semanas buscando axudar a pasar un pouco mellor este tempo diferente que estamos a vivir por mor do Covid-19.