O próximo venres, día 1 de febreiro, o salón de actos da Casa da Cultura de Outeiro de Rei acollerá a presentación do Programa de Actividades de Promoción da Muller 2019 nun acto presidido pola concelleira de Servizos Sociais, Mª José Martínez Vigo e alcalde, José Pardo Lombao.

A partir das 17:00 h as persoas que desexen asistir coñecerán a nova programación que o Concello de Outeiro de Rei porá en marcha ao longo do ano e poderán inscribirse ese mesmo día nas actividades previstas para o primeiro semestre do ano. Lembrar que aínda que a programación vai destinada ás mulleres, algunha das actividades previstas estará aberta tamén á participación dos homes; igualmente, no caso de que no se cubran as prazas no resto de actividades ofertadas, estas poderán ser cubertas por homes.

As prazas cubriranse por orde de solicitude e o prazo de inscrición das actividades previstas para o primeiro semestre do ano permanecerá aberto ata o día 18 de febreiro.