O próximo martes, día 14 de febreiro, o salón de actos da Casa da Cultura de Outeiro de Rei acollerá o acto de presentación da vixésima terceira edición do Programa de Actividades de Promoción da Muller 2023 nun acto presidido pola concelleira de Servizos Sociais, Mª José Martínez Vigo e o alcalde, José Pardo Lombao.
A partir das 12:00 h as persoas que asistan coñecerán a nova programación que o Concello de Outeiro de Rei porá en marcha ao longo do ano e poderán inscribirse unha vez rematada a presentación nas actividades previstas para o primeiro semestre do ano. Lembrar que aínda que a programación vai destinada ás mulleres, algunha das actividades previstas estará aberta á participación dos homes.
As prazas cubriranse por orde de solicitude e o prazo de inscrición das actividades previstas para o primeiro semestre do ano permanecerá aberto ata o día 8 de marzo.