O venres 26 de setembro terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei ás 20:30 h, a presentación das actividades de inverno de Lecer, cultura e deporte previstas para a tempada 2025-2026.
Ofertaranse máis de 800 prazas; ademais tamén estará aberta a inscrición nas seguintes actividades do programa para persoas maiores:
Ximnasia para maiores, taller de memoria e a actividade De excursión a Oviedo.
O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o luns 29 de setembro ata o 10 de outubro ou ata cubrir prazas. Pódese recibir máis información ou realizar as inscricións na Casa da Cultura en horario de 10:00 a 14:30 h ou no tfno. 982 393 408.
Como remate do acto haberá uns pinchos variados no Pavillón do Colexio Público Laverde Ruíz amenizado polo dúo D´CACHÉ MUSIC.

